jueves, 29 de mayo de 2008

Voltamos a rúa!

A partir do 17 xuño, continuaremos os obradoiros de malabares onde sempre o facíamos, na rúa Montero Ríos, nos xardíns ó lado da estación marítima.
Alí estaremos, os martes e xoves pola tarde. No caso de mal tempo ou choiva, tocará refuxiarse no local outra vez.
Lémbradevos de baixar os vosos malabares!

lunes, 18 de febrero de 2008

Novo local de Malandraxe

Por fin, xa o temos. A asociación Malandraxe inicia un novo ano con local. Felicidades a tódol@s malabaristas por acadar este obxetivo.
E co local por diante, seguimos cos obradoiros de malabares. Martes, xoves e sábados de 17h a 21h, só para socios (aínda que se non es soci@, pásate un día para probar e coñecernos). Ven a aprender a malabarear, e a xogar un rato.
Onde está o local? Na rúa Esperanto 10, baixo (ó lado do colexio Alba, perto do cruce dos choróns).
Esperamosvos no local!

jueves, 13 de diciembre de 2007

Noite de Circo (segundo cartel)



Noite de Circo


Este sábado, 15 de nadal, organizamos unha "Noite de Circo". Nela, algúns dos membros de Malandraxe nos sorprenderán sobre o escenario da Cova dos ratos (rúa Romil, 3).
Todo isto será as 21:30. Estades tod@s convidad@s. Vémonos!

jueves, 26 de julio de 2007

Seguimos onde sempre

Pois este correo é pra recordarvos a tod@s que o sitio de reunión de Malandraxe segue estando en Montero Rios, ó lado do Naútico, os martes e xoves. Sexa verán, outono, inverno ou primavera, seguro que eses días anda por alí algún malandr@ ou malandrín.

Non o dubidedes agora que é verán! Se queres aprender malabares... vente! E se non hai ninguén espera un cacho ou senón outro día. Pero que xa vai pra uns cantos anos co mesmo horario, haberá que mantelas tradicións!

Pois iso, ata a tarde! (hoxe é xoves)

jueves, 24 de mayo de 2007

Final do programa "Emprázate"

O último día do programa Emprázate será este sábado, 26 de maio, no bairro de Coia, máis concretamente na praza do Inmigrante (ó lado da praza América, onde comeza a Avda.Castelao). Os obradoiros comenzarán as 5 da tarde, e serán os seguintes:
- zancos
- contact
- monociclo
- bolas de rebote

Tamén haberá un pasarrúas, animando así un pouco a xente que nos estivese acompañando nos obradoiros como á xente que somente estexa de paso.

Por último, e como final de festa, o cabaret circense final fará que todo o mundo disfrute dos malabares dos nosos 
malandros de Malandraxe.

Esperamosvos a todos alí, non faltedes!

viernes, 18 de mayo de 2007

Emprazate, este sábado en Bouzas

Este sábado, Malandraxe irá a Bouzas, co programa Emprázate a ensinar malabares e circo a quen estexa disposto a aprender. Isto será no horario de 5 a 7 da tarde.

Aproveitade, que xa só faltan 2 sábados, este de Bouzas, e o seguinte, en Coia, o próximo día 26, co que remataremos cunha grande festa final, con pasarrúas e cabaret incluído, no que haberá moitas actuacións de tod@s @s malandr@s que xa actuaron, e algún número máis, deses de decir "iso é imposible!".

Agardámosvos a tod@s!