jueves, 13 de diciembre de 2007

Noite de Circo (segundo cartel)



Noite de Circo


Este sábado, 15 de nadal, organizamos unha "Noite de Circo". Nela, algúns dos membros de Malandraxe nos sorprenderán sobre o escenario da Cova dos ratos (rúa Romil, 3).
Todo isto será as 21:30. Estades tod@s convidad@s. Vémonos!

jueves, 26 de julio de 2007

Seguimos onde sempre

Pois este correo é pra recordarvos a tod@s que o sitio de reunión de Malandraxe segue estando en Montero Rios, ó lado do Naútico, os martes e xoves. Sexa verán, outono, inverno ou primavera, seguro que eses días anda por alí algún malandr@ ou malandrín.

Non o dubidedes agora que é verán! Se queres aprender malabares... vente! E se non hai ninguén espera un cacho ou senón outro día. Pero que xa vai pra uns cantos anos co mesmo horario, haberá que mantelas tradicións!

Pois iso, ata a tarde! (hoxe é xoves)

jueves, 24 de mayo de 2007

Final do programa "Emprázate"

O último día do programa Emprázate será este sábado, 26 de maio, no bairro de Coia, máis concretamente na praza do Inmigrante (ó lado da praza América, onde comeza a Avda.Castelao). Os obradoiros comenzarán as 5 da tarde, e serán os seguintes:
- zancos
- contact
- monociclo
- bolas de rebote

Tamén haberá un pasarrúas, animando así un pouco a xente que nos estivese acompañando nos obradoiros como á xente que somente estexa de paso.

Por último, e como final de festa, o cabaret circense final fará que todo o mundo disfrute dos malabares dos nosos 
malandros de Malandraxe.

Esperamosvos a todos alí, non faltedes!

viernes, 18 de mayo de 2007

Emprazate, este sábado en Bouzas

Este sábado, Malandraxe irá a Bouzas, co programa Emprázate a ensinar malabares e circo a quen estexa disposto a aprender. Isto será no horario de 5 a 7 da tarde.

Aproveitade, que xa só faltan 2 sábados, este de Bouzas, e o seguinte, en Coia, o próximo día 26, co que remataremos cunha grande festa final, con pasarrúas e cabaret incluído, no que haberá moitas actuacións de tod@s @s malandr@s que xa actuaron, e algún número máis, deses de decir "iso é imposible!".

Agardámosvos a tod@s!

Cambio de páxina

Logo de moitos anos desactualizada, chega unha nova páxina "güeb" de Malandraxe. Feita a modo de blog, para actualizar as noticias de un modo rápido, esperemos ir pondo fotos recentes.
O anterior foro, poderase acceder vía este enderezo: www.geocities.com/malandrax por se aínda hai que por algo.
E nada, aqui estamos con este novo espazo cibernético!