jueves, 24 de mayo de 2007

Final do programa "Emprázate"

O último día do programa Emprázate será este sábado, 26 de maio, no bairro de Coia, máis concretamente na praza do Inmigrante (ó lado da praza América, onde comeza a Avda.Castelao). Os obradoiros comenzarán as 5 da tarde, e serán os seguintes:
- zancos
- contact
- monociclo
- bolas de rebote

Tamén haberá un pasarrúas, animando así un pouco a xente que nos estivese acompañando nos obradoiros como á xente que somente estexa de paso.

Por último, e como final de festa, o cabaret circense final fará que todo o mundo disfrute dos malabares dos nosos 
malandros de Malandraxe.

Esperamosvos a todos alí, non faltedes!

No hay comentarios: